Categorías
Uncategorized

Marte e Meteoro sobre a Montaña Nevada do Dragón de Xade

Créditos da imaxe & Copyright: Jeff Dai (TWAN)

Explicación: Un brillante e amarelento faro celestial, Marte aínda abraia na noite. Ollando entre as nubes o planeta errante xuntouse brevemente co escintileo dun meteoro nesta noite de lúa nova do 18 de Novembro. A imaxe de toma única tomouse mentres a Terra barría o po do cometa periódico Temple-Tuttle durnate a anual chuvia de meteoros das Leónidas. A vista dun escarpado horizonte olla ó longo da cordilleira de Yulong na provincia de Yunnan, ó suroeste de China. A Montaña Nevada de Yulong (Dragón de Xade) atópase baixo as nubes e máis aló do fin da liña do meteoro.