Categorías
Uncategorized

Mapa Global: Marte en Oposición

Créditos da imaxe e Copyright: F. Colas / J.L. Dauvergne / G. Dovillaire / T. Legault /
G. Blanchard / B. Gaillard / D. Baratoux / A, Klotz / S2P / IMCCE / OMP / Imagine Optic

Explicación: Este pode que sexa o mellor mapa global de Marte feito cun telescopio ubicado no planeta Terra. Os datos da imaxe foron capturados por un equipo de observadores ó longo de seis longas noites no observatorio da cima do Pic du Midi entre o 8 de outubro e o 1 de novembro, cando a cuarta rocha dende o Sol non se afastara aínda da súa oposición do ano 2020 e da súa aparición máis grande e máis brillante no ceo do planeta Terra. O gran telescopio empregado, 1 metro de diámetro cunha distancia focal de 17 metros, foi tamén empregado como apoio nas misións Apollo da NASA. Despois dunhas 30 horas de procesado, os datos foron combinados para producir esta notablemente nítida vista da surperficie marciana extendéndose ata uns 45 grados de latitude norte. Os datos da imaxe tamén se mapearon para xerar sendas vistas sobre unha esfera xiratoria e un estéreo xiratorio. Os siareiros de Marte poden fácilmente escoller as súas marcas favoritas sobre o Planeta Vermello  visualizando unha versión etiquetada deste mapa global de Marte.