Categorías
Uncategorized

A pegada do lanzamento da misión Crew-1

Créditos da imaxe e Copyright: Jen Scott

Explicación: abandonando a Terra por un intre, o foguete Falcon 9 de SpaceX debuxa un arco no ceo nocturno o pasado domingo ás 7:27 PM EST (hora do leste de Norteamérica). Esta exposición de 3 minutos e 20 segundos amosa a pegada do lanzamento sobre a rampa 39A do Centro Espacial Kennedy. O foguete transporta catro astronautas de camiño á Estación Espacial Internacional durante o primeiro voo oficial desta nave espacial comercial tripulada certificada pola NASA. Alcumada Resilience (Resiliencia), os astronautas da nave Crew Dragon atracaron con éxito na ISS un día máis tarde, o luns 16 de novembro. Ao final da súa estancia de 6 meses na ISS, os astronautas que forman a tripulación da Crew-1 empregarán esta mesma nave para retornar á Terra. Por suposto, 9 minutos despois do lanzamento, a primeira etapa do foguete Falcon 9 retornou á Terra aterrando no Oceano Atlántico sobre a plataforma mariña autónoma chamada Just Read The Instructions (Só lee as instruccións).