Categorías
Uncategorized

Venus, Mercurio e a Lúa Minguante

Créditos da imaxe e Copyright: Kevin Sargozza

Explicación: Onte, os madrugadores arredor do planeta Terra trataron cunha baixa Lúa minguante no este mentres o ceo se iluminaba antes do mencer. Dende a illa de Otigia, Siracusa, Sicilia, Italia, esta sinxela instantánea atopou a fina media lúa alumeada polo sol xusto antes do mencer. Sen alonxarse nunca do Sol no ceo da Terra, os planetas internos Venus e Mercurio compartiron a calma vista do mar. Tamén na imaxe, á dereita da alineación da Lúa e os planetas, atópase a brillante estrela Spica, estrela alpha da constelación de Virgo e unha das 20 estrelas máis brillantes na noite da Terra. Mañá será Lúa nova. O escuro disco lunar supón principalmente noites escuras para o planeta Terra na vindeira semana e unha boa oportunidade para ollar a anual choiva de meteoros das Leónidas.