Categorías
Uncategorized

A zona da Tarántula

Crédito da Imaxe e Copyright: Ignacio Diaz Bobillo

Explicación: a Nebulosa da Tarántula, tamén coñecida como 30 Doradus, abrangue máis de 1000 anos luz de diámetro e é unha rexión xigante de formación estelar na cercana galaxia satélite da Gran Nube de Magallanes. A uns 180 000 anos luz de distancia, é a maior e máis activa rexión de formación estelar coñecida en todo o Grupo Local de galaxias. Este arácnido cósmico esténdese ao través desta espectacular vista, composta por datos obtidos cun filtro de banda estreita centrado na emisión do hidróxeno ionizado e os átomos de osíxeno. Dentro da Nebulosa da Tarántula (NGC 2070), a intensa radiación, os ventos estelares e as sacudidas das supernovas do xóve cúmulo central de estrelas masivas, catalogado como R136, iluminan a nebulosa e conforman os filamentos arácnidos. Ao redor da Tarántula existen outras rexións de formación estelar con cúmulos de estrelas xóvenes, filamentos e nubes con forma de burbulla. De feito, a captura inclúe o lugar da supernova máis próxima en tempos modernos, SN 1987A, xusto no centro. Este campo tan rico esténdse uns 2 graos no ceo, o equivalente a 4 Lúas cheas, na constelación austral do Dourado. Pero se a Nebulosa da Tarántula estivera máis preto, por exemplo a 1500 anos luz como a Nebulosa de Orión, ocuparía a metade do ceo.