Categorías
Uncategorized

Cometa ATLAS e o Cinto de Orión

Créditos da Imaxe e Copyright:Charles Bracken

Explicación: co seu máximo achegamento á Terra o 14 de novembro, o cometa ATLAS (C/2020 M3) foi descuberto este verán polo sistema de detección ATLAS (Asteroid Terrestrial-impact Last Alert System) da NASA. Aínda que o seu brillo será menor co cometa NEOWISE será visible con anteollos ao seu paso fronte a constelación de Orión. Esta fotografía do 8 de novembro combina exposicións do cometa con exposicións das estrelas de Orión. Créase deste xeito unha visión profunda do ceo moi efectiva que amosa as cores e os detalles que non se poden apreciar nin cos anteollos. A coma de cor verdosa do cometa amósase na parte superior esquerda da imaxe, sobre o cinto de tres estrelas aliñadas de Orión xusto baixo o centro da fotografía. Moi probablemente tamén albisques a Nebula de Orión e a Nebulosa Cabeza de Cabalo neste campo espectacular. Por suposto, unha das estrelas do Cinto de Orión atópase a case 2000 anos luz de aquí. O 14 de novembro, o cometa ATLAS atoparase a tan só 2.9 minutos-luz da Terra