Categorías
Uncategorized

As cores da Lúa

Créditos da imaxe e CopyrightMarcella Giulia Pace

Explicación: Cal é a cor da Lúa? Depende da noite. Dende fora da atmosfera terrestre a escura Lúa brilla pola luz do Sol reflexada, tinguíndose dunha cor gris amarronada. En cambio, vista dende o interior da atmosfera da Terra a Lúa semella un chisco diferente. A imaxe amosa unha colección de fotografías da Lúa chea documentadas por unha astrofotógrafa ao longo de 10 anos dende diferentes localizacións en Italia. Cores vermellas ou amarelas típicamente indican que a Lúa estaba preto do horizonte. Nese lugar, parte da luz azul dispérsase recorrendo un camiño maís longo mentres atravesa a atmosfera. Unha Lúa azulada é máis inusual e pode indicar que é vista ao través de partículas de pó. O que xenerou a Lúa violeta é incerto, pero pode que sexa unha combinación de efectos. A derradeira imaxe captura a Lúa durante o eclipse total de xullo de 2018, onde a Lúa trala sombra da Terra aparece nun feble ton vermello debido á luz refractada entorno á atmosfera terrestre. A próxima Lúa chea será ao final deste mes (en inglés month: moon-th) e coñécese nalgunhas culturas como a Lúa do Castor.