Categorías
Uncategorized

A lúa marciana Phobos dende o Mars Express

Créditos da imaxe: G. Neukum (FU Berlin) et al., Mars ExpressDLRESAAgradecementos: Peter Masek

Explicación: Por qué é Phobos tan escura? Phobos, a máis grande e interna das dúas lúas marcianas, é a lúa máis escura de todo o Sistema Solar. A súa inusual órbita e cor indican que podería ser un asteroide capturado composto por unha mistura de xeo e rocha escura. A imaxe destacada de Phobos preto do extremo de Marte foi realizada en 2020 pola sonda espacial Mars Express actualmente orbitando Marte. Phobos é unha lúa chea de cráteres e erma, co seu cráter máis grande localizado no lado oposto. A partires de imaxes coma esta, determinouse que Phobos quizáis esté cuberta por un metro de po solto. Phobos orbita tan preto de Marte que dende algúns lugares parecería saír e poñerse dúas veces ó día, pero dende outros lugares non sería visible en absoluto. A órbita de Phobos arredor de Marte está continuamente decaendo — probablemente romperá en anacos que colisionarán contra a superficie marciana nuns 50 millóns de anos.