Categorías
Uncategorized

O cúmulo Hércules de galaxias

Créditos da imaxe & Copyright: Howard Trottier

Explicación: Estas son as galaxias do cúmulo de Hércules, un arquipélago de universos insulares a só unha distancia de 500 millóns de anos luz. Tamén coñecido coma  Abell 2151, este cúmulo está cheo de galaxias espirais berce de estrelas, ricas en gas e po, pero ten relativamente poucas galaxias elípticas, que carecen de gas e po e das estrelas recén nacidas asociadas. As cores desta composición profunda amosan claramente a formación de galaxias cun matiz azul e galaxias con pobacións estelares máis vellas cun tinte amarelento. A nítida imaxe espállase ó longo de 1/2 grado a través do centro do cúmulo, correspondéndose con máis de 4 millóns de anos luz a distancia estimada ó cúmulo. Os picos de difracción arredor das brillantes estrelas brillantes da nosa galaxia Vía Láctea están producido polas follas de soporte do espello do telescopio. Na vista cósmica moitas galaxias semellan estar colsionando ou fusionándose mentres que outras semellan distorsionadas — clara evidencia de que os cúmulos galácticos comunmente interactúan. De feito, o Cúmulo de Hércules por si mesmo pode verse como o resultado das continuas fusións de cúmulos galácticos máis pequenos e pénsase que é semellante ós cúmulos galácticos máis xóvenes no Universo primixenio.