Categorías
Uncategorized

A Lúa sobre a ISS

Créditos da Imaxe e Copyright:Derek Demeter (Emil Buehler Planetarium)

Explicación: completando unha órbita ao noso planeta cada 90 minutos, a Estación Espacial Internacional pódese ver moi facilmente a ollo espido como un punto moi brillante no ceo nocturno. Víchela algunha vez? A próxima vez que o fagas estarás ollando á localización de máis de 20 anos de presencia ininterrompida do ser humano no espazo. De feito, a tripulación da Expedición 1 da ISS atracou no posto avanzado orbital a 400 quilómetros sobre a Terra un 2 de novembro do 2000. Non é necesario un telescopio para ver a ISS, pero nesta vista a través dun telescopio revélanse moitos detalles da estación espacial capturada durante o seu transito por diante da Lúa en fase decrecente o pasado 3 de novembro, xusto un día despois do seu aniversario espacial. A imaxe tomada nun momento inmellorable tamén recolle outro dos lugares máis inspiracionais da historia da humanidade. A uns 400 000 quilómetros máis alá, o lugar de aterraxe da Apolo 11 no escuro e chan Mar da Tranquilidade atópase xusto á dereita da silueta da Estación Espacial Internacional.