Categorías
Uncategorized

O Norte do Cinto de Orión

Créditos da Imaxe e Copyright: Terry Hancock (Grand Mesa Observatory)

Explicación: estrelas brillantes, nubes de po interestelar e unha nebulosa brillante enchen esta escea cósmica, un anaco do ceo xusto ao norte do Cinto de Orión. Preto do plano da Vía Láctea, a vista de campo amplo exténdese ata 5 graos ou 10 Lúas cheas no ceo. Abaixo á dereita atópase M78, unha nebulosa de reflexión azulada. A cor azulada que tingue M78 débese principalmente á cor de xóvenes e quentes estrelas azuis. En contraste, a luz vermella envolvente do hidróxeno fluíndo polo centro é parte da tenue pero extensa nebulosa de emisión coñecida como o Lazo de Barnard. Arriba á esquerda, as nubes de po escuro forman a prominente silueta catalogada como LDN 1622. Mentras M78 e o complexo do Lazo de Barnard atópanse a uns 1500 anos luz, LDN 1622 atópase probablemente moito máis preto, a uns 500 anos luz da Terra.