Categorías
Uncategorized

Marcando a Bennu: a película

Crédito do video: OSIRIS-RExNASA’s GSFCU. ArizonaLockheed Martin

Explicación: esto é o que se pode ver ao golpear un asteroide. O mes pasado, a sonda robótica da NASA OSIRIS-Rex descendeu cara a superficie, toucouna e axiña se alonxou do pequeno asteroide cercano á Terra coñecido como 101955 Bennu. O video amosa a maniobra de recollida de mostras de pousar e marchar que abrangue un período de 3 horas. Ao comezo do video, a sonda achégase a esta roca espacial con forma de diamante de 500 metros de tamaño, mentras rota debaixo dela. Ao cabo de 20 segundos o lugar de recollida de mostras coñecido como Nightingale é visible, esta zona relativamente chá atópase alonxada das rochas de maior tamaño que poderían dañar a nave. Aos 34 segundos podemos xa ver a sombra do brazo de recollida de mostras de OSIRIS-REx, mentres xusto despois unha morea de rochas saen voando a causa do impacto do brazo na superficie. A astuta nave foi quen de capturar e almacenar existosamente parte do material proxectado por Bennu, que retornará á Terra para unha análise polo miúdo. Este longo viaxe de volta comezará en marzo de 2021 e chegará á Terra en setembro de 2023. Se o retorno de mostras é exitoso e acada a Terra, buscanranse nas mostras materia orgánica que puido servir de xermolo para a Terra primitiva, estraños e inhabituais elementos e minerais, e pistas sobre a formación do Sistema Solar.