Categorías
Uncategorized

Medio Sol con protuberancia

Créditos da imaxe e copyrightRainee Colacurcio

Explicación: Que lle está pasando ao Sol? Claramente, a metade inferior do Sol está escondida detrás dunha grosa nube. De media en toda a Terra, as nubes bloquean ao Sol ao redor de 2/3 do tempo, aínda que bastante menos tempo en moitos lugares da Terra. Na parte superior dereita do Sol hai unha protuberancia de gas quente que levita magneticamente. A protuberancia podería parecer pequena, pero envolvería facilmente a nosa Terra e persistiría por máis dun mes. A imaxe é unha combinación de dúas exposicións, unha que optimiza a nube e a protuberancia, e a outra que optimiza a textura do Sol. Ambas foron tomadas cunha hora de diferenza coa mesma cámara e desde o mesmo lugar en Lynnwood, Washington, EE.UU. A textura rugosa deriva da cromosfera do Sol, unha capa atmosférica que sobresae na cor exposta de forma específica. A uniformidade da textura mostra que a superficie está relativamente en calma, o que indica que o Sol acaba de pasar polo mínimo solar no seu ciclo de 11 anos. Nos vindeiros anos, o Sol progresará cara a unha época máis activa na que as manchas solares, as protuberancias e, en última instancia, as auroras na Terra serán máis comúns: o máximo solar.