Categorías
Uncategorized

No centro da Nebulosa Trífida

Créditos da imaxe: Telescopio Subaru (NAOJ), Hubble Space TelescopeMartin PughProcesado: Robert Gendler

Explicación: Qué está a ocorrer no centro da Nebulosa Trífida? As tres prominentes liñas de po que lle dan á Trífida o seu nome xúntanse. Montañas de po opaco aparecen preto do fondo, mentres que outros filmentos escuros de po son visibles ó longo da nebulosa. Unha única estrela masiva visible preto do centro orixina moito do brillo da Trífida. A Trífida, catalogada coma M20, ten só uns 300.000 anos, sendo unha das máis novas nebulosas de emisión coñecidas. A nebulosa berce de estrelas atópase a uns 9.000 anos luz de distancia da constelación do arqueiro (Saxitario). A rexión amosada aquí espállase uns 10 anos luz. A imaxe destacada é unha composición con luminancia tomada dunha imaxe do Telescopio terreste Subaru de 8.2m, detalles proporcionados polo Telescopio Espacial Hubble de 2.4m, datos para a cor proporcionados por Martin Pugh e ensamblaxe e procesado da imaxe por parte de Robert Gendler.