Categorías
Uncategorized

NGC 6357: A Nebulosa da Lagosta

Créditos da imaxe e Copyright: Steven Mohr

Explicación: Por que na Nebulosa da Lagosta fórmanse algunhas das estrelas máis masivas coñecidas? Ninguén está seguro aínda. Catalogada como NGC 6357, a Nebulosa da Lagosta alberga o cúmulo estelar aberto Pismis 24 preto do seu centro, fogar de excepcionais estrelas brillantes e masivas. O brillo azul xeralizado do interior da rexión de formación estelar é o resultado da emisión de hidróxeno ionizado. Os arredores da nebulosa, mostrados aquí, están compostos por un tapiz de gas, po escuro, estrelas en formación e estrelas recentemente nadas. Os revirados patróns son causados polas interaccións entre os ventos interestelares, a presión de radiación, os campos magnéticos e a gravidade. NGC 6357 abrangue sobre 400 anos luz e atópase a 8000 anos luz de aquí cara a constelación do Escorpión.