Categorías
Uncategorized

Reflexos da nebulosa Pantasma

Créditos da imaxe e copyrightBogdan Jarzyna

Explicación: Paréceche que algunha forma deste campo interestelar de estrelas e po salta cara a ti? A extensión enxoiada, chea de nubes tenues que reflicten a luz das estrelas, vaga a través da noite na constelación do rei Cefeo. Lonxe da veciñanza do planeta Terra, estas aparicións fantasmais axexan desde o plano da Vía Láctea, no bordo do complexo de nubes moleculares Cepheus Flare, a uns 1.200 anos luz de distancia. Con dous anos luz de diámetro e máis brillante que outras aterradoras ilusións, VdB 141 ou Sh2-136 é tamén coñecida como a nebulosa Pantasma (vese na parte inferior da imaxe). Dentro da nebulosa de reflexión están os signos que revelan o colapso de densos núcleos nas primeiras etapas da formación estelar.