Categorías
Uncategorized

Materia escura nun Universo simulado

Créditos da ilustración e Copyright Tom Abel & Ralf Kaehler (KIPACSLAC), AMNH

Explicación: Está o noso universo enfeitizado? Podería parecer dese xeito neste mapa de materia escura. A gravidade da materia escura non visible é a principal explicación a por qué as galaxias xiran tan rápido, por qué as galaxias orbitan cúmulos tan rápido, porqué os lentes gravitacionáis desvían a luz de xeito tan marcado e por qué a materia visible está distribuida tal e como está tanto no universo local coma no fondo cósmico de microondas. A imaxe destacada do anterior espectáculo Universo Escuro do Planetario Planetarium do Museo Americano de Historia Natural resalta un exemplo de cómo a omnipresente materia escura podería enfeitizar o noso Universo. Nesta imaxe dunha detallada simulación por ordeador, complexos filamentos de materia escura, amosados en negro, están esparexidos polo Universo coma arañeiras, mentres que os relativamente raros grupos da familiar materia bariónica están coloreados en laranxa. Estas simulacións son boas coincidencias estatísticas para as observacións astronómicas. No que quizáis sexa un xiro máis aterrador dos acontecementos, xa non se pensa na materia escura — aínda que bastante estraña e cunha forma descoñecida — como a máis estraña fonte de gravidade no Universo. Esa honra recae agora na enerxía escura, unha fonte máis uniforme de gravidade repulsiva que agora semella dominar a expansión de todo o Universo.