Categorías
Uncategorized

Cúmulo estelar globular 47 TUC

Créditos da imaxe e Copyright: Jose Mtanous

Explicación: O cúmulo globular 47 Tucanae é unha xoia dos ceos do Sur. Tamén coñecido coma NGC 104, deambula polo halo da nosa Galaxia Vía Láctea xunto con algún dos outros 200 cúmulos estelares globulares. O segundo cúmulo globular máis brillante (despóis de Omega Centauri) tal e como se ve dende o planeta Terra, atópase a uns 13.000 anos luz e pode ser visto a simple vista no cento preto da Pequena Nube de Magallanes na constelación do Tucán. O denso cúmulo está formado por de centos de miles de estrelas dentro dun volume de só uns 120 anos luz de diámetro. Son sinxelas de disguintir as estrelas xigantes vermellas nos arredores do cúmulo coma estrelas amarelentas neste detallado retrato telescópico. O estreitamente empaquetado cúmulo globular 47 TUC é tamén o fogar da estrela co órbita coñecida máis cercana ó redor dun buraco negro.