Categorías
Uncategorized

UGC 1810: Galaxia en interacción salvaxe dende o Hubble

Créditos da imaxe: NASAESAHubbleHLAProcesado e Copyright: Domingo Pestana

Explicación: Qué está a acontencerlle a esta galaxia espiral? Aínda que os detalles permanecen descoñecidos, seguramente ten que ver cunha batalla en curso co seu veciño galáctico máis pequeno. A galaxia destacada está etiquetada coma UGC 1810 por sí mesma, pero xunto co seu compañeiro de colisión coñécese coma Arp 273. A forma xeral de UGC 1810 — en particular o seu anel exterior azul — é probablemente o resultado de salvaxes e violentas interaccións gravitacionais. Este color azul do anel está causado por estrelas masivas que son azuis e quentes formadas só nos últimos millóns de anos. A galaxia interior semella máis vella, máis vermella e enfiada con po filamentoso frío. Unhas poucas estrelas brillantes aparecen no primeiro plano, se relación con UGC 1810, mentres varias galaxias son visibles no fondo. Arp 273 atópase a uns 300 millóns de anos luz en dirección á constelación de Andrómeda. Con bastante probabilidade, UGC 1810 devorará á súa compañeira galactica ó longo dos seguintes miles de millóns de anos e asentarase nunha clásica forma espiral.