Categorías
Uncategorized

Cygnus: Burbulla e Crecente

Créditos da imaxe e CopyrightWissam Ayoub

Explicación: Esas nubes de gas e po desprázanse a través de ricos campos de estrelas ó longo do plano da nosa Galaxia Vía Láctea hacia a alta constelación voadora de Cygnus. Atrapada dentro do campo de visión do telescopio atópase a Nebulosa da Burbulla de Xabón — Soap Bubble (abaixo á esquerda) e a Nebulosa Crecente (arriba á dereita). Ambas formáronse na fase final da vida dunha estrela. Tamén coñecida coma NGC 6888, a Crecente formouse cando a súa brillante e masiva estrela Wolf-Rayet, WR 136, perdeu a súa envoltura exterior nun forte vento estelar. Queimando combustible a unha rapidez prodixiosa, WR 136, está preto do final dunha curta vida que debería finalizar cunha espectacular explosión de supernova. Descuberta en 2013, a Nebulosa Burbulla de Xabón é probablemente unha nebulosa planetaria, o último sudario dunha estrela de menor masa, dunha longa vida, semellante ó Sol e destinada a transformarse nunha enana blanca que se enfriará lentamente. Ambolos dous sudarios estelares están a 5.000 anos luz de distancia. A Nebulosa Crecente máis grande ten uns 25 anos luz de diámetro.