Categorías
Uncategorized

Galaxias en Pegaso

Créditos da Imaxe e CopyrightRobert Eder

Explicación: esta nítida imaxe captada por un telescopio amosa galaxias espalladas máis alá das estrelas da Vía Láctea no extremo norte da constelación de Pegaso. Na parte superior dereita destaca NGC 7331 a non máis de 50 millóns de anos luz, esta gran galaxia espiral é unha das galaxias máis brillantes non incluídas no famoso catálogo do século XVIII de Charles Messier. O desordeado grupo de galaxias na parte inferior esquerda coñécense ben como o quinteto de Stephan. A uns 300 millóns de anos luz de distancia, o quinteto ilustra a dramática colisión de múltiples galaxias, onde as súas poderosas interaccións que alí suceden posan para esta instantánea cósmica. No ceo, o quinteto e NGC 7331 atópanse separados aproximadamente medio grao.