Categorías
Uncategorized

As nubes coloridas de Rho Ofiúco

Créditos da imaxe e Copyright: Amir H. Abolfath

Explicación: as espectaculares nubes de cores de Rho Ofiúco amosan os moitos procesos que aquí acontecen. As rexións azuis brillan principalmente pola luz reflectida. A luz azul do sistema estelar de Rho Ofiúco e as estrelas próximas reflíctese máis eficazmente nesta parte da nebulosa ca luz vermella. O ceo diurno da Terra é azul por este mesmo motivo. As rexións que brillan de cores amarelas e vermellas fano principalmente polas emisións dos átomos e do gas molecular da nebulosa. A luz das estrelas azuis próximas, máis enerxética ca luz da brillante estrela Antares, golpea aos electróns que saen despedidos do gas producindo o brillo cando os electróns recombínanse de novo. As rexións de cor marrón escura orixínanse polos grans de po creados en atmosferas estelares xóvenes que bloquean de xeito moi efectivo a luz emitida detrás deles. As nubes estelares de Rho Ofiúco, visibles na parte superior dereita desta imaxen fronte ao cúmulo globular M4, son moito máis coloridas do que os humanos podemos ver, estas nubes emiten luz en tódalas lonxitudes de onda dende radio ata raios gamma.