Categorías
Uncategorized

Vía Láctea sobre os Pináculos, Australia

Créditos da imaxe e Copyright: Michael Goh

Explicación: Qué estraño mundo é este? A Terra. No primeiro plano da imaxe destacada están os Pináculos (Pinnacles), inusuais agullas de rocha no Parque Nacional de Nambung, no Oeste de Australia. Formados por antigas conchas marinas (pedra caliza), o xeito cómo se formaron estas pinturescas agullas de talla humana aínda se descoñece. No fondo, xusto despois do Pináculo central, atópase a brillante Lúa crecente. O misterioso brillo arredor da Lúa é principalmente luz zodiacal, luz solar reflectida polos grans de po que orbitan entre os planetas do Sistema Solar. O arco que cruza a parte superior é a banda central da nosa Galaxia Vía Láctea. Moitas estrelas e nebulosas famosas son tamén visibles no ceo nocturno do fondo. A panorámica de 29 imaxes fíxose e compúxose en setembro de 2015 despois dunha detallada planificación que involucrou á Lúa, ás agullas rochosas e ás súas sombras. Aínda así, a forte luz zodiacal foi unha agradable sorpresa.