Categorías
Uncategorized

O VLA ao amencer

Créditos da imaxe: Jeff Hellermann, NRAO / AUI / NSF

Explicación: unha vista inspiradora, as antenas parabólicas xigantes do radiotelescopio Karl G. Jansky Very Large Array (VLA) erguénse no deserto de Novo México ao amencer. As 27 antenas do tamaño dunha casa (25 metros) atópanse instaladas sobre estructuras móbiles mediante raís de ferrocarril, e poden organizarse nunha única matriz do tamaño dunha cidade (35 quilómetros). Unha ferramenta de radio astronomía moi prolífica, o VLA empregouse para o descubrimento de auga en Mercurio, coroas estelares brillantes en radio, micro cuásares na nosa Galaxia, aneis de Einstein creados gravitacionalmente ao redor de galaxias distantes e equivalentes en ondas de radio ás lonxanas explosións de raios gamma. O seu gran tamaño permitiu aos astrónomos estudar en detalle radio galaxias, chorros cósmicos súper veloces e cartografiar o centro da nosa Vía Láctea. Facendo agora 40 anos da súa apertura, o VLA usouse en máis de 14000 observacións e contribuiu a máis de 500 teses de doutoramento. O 10 de outubro, no Observatorio Nacional de Radioastronomía celebrarase unha xuntanza virtual polo corenta aniversario do VLA incluíndo visitar virtuais e presentacións da súa historia, operacións, ciencia e futuro do VLA.