Categorías
Uncategorized

Mare Frigoris

Créditos da imaxe e CopyrightMatt Smith

Explicación: mais claro que os típicamente escuros e lisos mares, o Mare Frigoris atópase no lonxano polo norte lunar. Tamén coñecido como o Mar do Frío, neste primeiro plano da Lúa xibosa crecente o Mare Frigoris exténdese ao longo da zona polar norte na familiar cara visible. Xusto á esqueda do centro da imaxe, de cor máis escura atópase o cráter Platón de 95 quilómetros de diámetro. Os cumios iluminados polo Sol dos Alpes lunares destacan debaixo e á dereita do cráter Platón, entre o Mare Imbrium (Mar das Choivas), cara o sur, e o Mare Frigoris. A prominente forma rectilínea que corta ao través das montañas é o Val Alpino lunar (Vallis Alpes). Unindo o Mare Imbrium e o Mare Frigoris, este val lunar mide aproximadamente 160 quilómetros de longo e ata 10 quilómetros de ancho.