Categorías
Uncategorized

Ou4: Unha Lura Xigante nun Morcego Voador

Créditos da imaxe e Copyright: Yannick Akar

Explicación: Unha moi feble pero moi grande nebulosa con forma de lura é visible dende o ceo do planeta Terra — pero dentro dun morcego aínda máis grande. A Nebulosa da Lura Xigante catalogada coma Ou4, e Sh2-129 tamén coñecida coma a Nebulosa do Morcego Voador, están ambas captadas nesta escena cósmica hacia a constelación real de Cefeo. Composta por 14 horas de datos de imaxes en banda estreita, o campo de visón do telescopio é de 6 grados ou 4 Lúas Cheas de diámetro. Descuberta en 2011 polo astrofotógrafo francés Nicolas Outters, a atractiva forma bipolar da Nebulosa da Lura distínguese aquí pola reveladora emisión azul-verdosa de átomos de osíxeno dobremente ionizados. Aínda que aparentemente semelle arrodeada por completo  pola emisión avermellada do hidróxeno da rexión Sh2-129, a verdadeira distancia e natureza da Nebulosa da Lura foron difíciles de determinar. Aínda hoxe, a máis recentes investigacións suxiren que Ou4 realmente se atopa no interior de Sh2-129 a uns 2.300 anos luz de distancia. Consistente con ese escenario, Ou4 representaría un espectacular fluxo saínte dirixido por HR8119, un sistema triple de estrelas masivas e quentes que se ve preto do cento da nebulosa. A verdadeiramete xigante Nebulosa da Lura tería físicamente cas 50 anos luz de diámetro.