Categorías
Uncategorized

A Nebulosa de Orión en Osíxeno, Hidróxeno e Xofre

Créditos da imaxe e Copyright: César Blanco González

Explicación:  Poucas vistas astronómicas excitan tanto o maxín coma a cercana gardería estelar coñecida como Nubulosa de Orión. O brillante gas da Nebulosa cingue xóveens estrelas quentes no bordo dunha inmensa nube molecular interestelar. Moitas das estructuras filamentosas visibles nas imaxe destacada son realmente ondas de choque – frontes onde o material en rápido movemento atópase con gas de movemento lento. A Nebulosa de Orión espállase uns 40 anos luz e está localizada a uns 1.500 anos luz no mesmo brazo espiral da nosa Galaxia coma o Sol. A Gran Nebulosa de Orión pode atoparse a simple vista xusto abaixo e á esquerda do fácilmente identificable cinturón de tres estrelas na popular constelación de Orión. A imaxe amosa a nebulosa en tres cores específicamente emitidos polo hidróxeno, o osíxeno e o gas de xofre. A  totalidade do complexo nebular de Orión, que inclúe a Nebulosa Cabeza de Cabalo espallarase lentamente ó longo dos seguintes 100.000 anos.