Categorías
Uncategorized

Conducindo ata o Sol

Créditos da imaxe: Observatorio de Dinámicas Solares (Solar Dynamics Observatory), NASA

Explicación: Canto tempo levaría conducir ata o Sol? Brittany de 7 anos, e D.J. de 12, reflexionan sobre esta cuestión durante a cea unha tardiña. James tamén de 7 anos, suxire coller un coche de carreiras moi rápido mentras que Christopher de 4 anos, asinte enérxicamente. Jerry, un rapaz realmente vello afeito a estimar tempos de conducción en viaxes familiares baseándose na distancia dividida pola velocidade, ofrécese a botar os números. “Vexamos… o Sol está a 93 millóns de millas (case 150 millóns de quilómetros) de distancia. Se conducimos 93 millas (150 quilómetros) por hora a viaxe só nos levaría 1 millón de horas” Cánto é 1 millón de horas? Un ano son 365 días de 24 horas cada un, ou 8.760 horas. Cen anos serían 876.000 horas, pero iso é aínda un pouco menos que o millón de horas de conducción. Polo tanto o Sol está realmente bastante lonxe. Christopher non está impresionado, pero cando se faga maior estarao. Tes que estar impresionado por algo que está a 93 millóns de millas (case 150 millóns de quilómetros) e aínda así magoa os teus ollos cando ollas para él!