Categorías
Uncategorized

Ir en bicicleta á Lúa

Créditos da imaxe e CopyrightSusan Snow

Explicación: Mentres observabas a primeira Lúa chea de outubro saír a pasada noite, a Lúa Chea máis cercana ó equinoccio de outono no hemisferio norte, probablemente estábaste a preguntar a tí mesmo, “Cánto tempo levaría ir en bicleta á Lúa?”. Seguro, os astronautas do Apollo 11 fixeron a viaxe en 1969, dende o lanzamento ata á aterraxe lunar, nunhas 104 horas ou 4.3 días. Pero a Lúa está a 400.000 quilómetros de distancia. Este ano, os mellores ciclistas do planeta Terra na famosa carreira Tour de Francia percorreron case 3.500 quilómetros en 21 etapas despois de case 87 horas na estrada. Isto da unha velocidade media duns 40 quilómetros por hora e un tempo de viaxe á Lúa en bicicleta de 10.000 horas, un pouco máis de 416 días. A pesares de que o destino deste ciciclista non está claro, a súa viaxe comezou preto da saída da Lúa o 27 de setembro preto de Cleeve Hill, Bishops Cleeve, Cheltenham, Reino Unido.