Categorías
Uncategorized

Solis Lacus: The Eye of Mars

Créditos da imaxe e CopyrightDamian Peach

Explicación: tal e como pode verse cun telescopio dende a Terra, o brillo de Marte vai crecendo nos ceos nocturnos, mentres se aproxima á súa oposición o 13 de outubro. Marte semella estar mirándonos a nós nesta foto do Planeta Vermello tomada o 22 de setembro. O disco de Marte está preto do seu máximo de tamaño aparente para telescopios terrestres, menos de 1/80 do diámetro aparente da Lúa chea. O casquete xeado do polo sur, que decrece estacionalmente, é visible na parte inferior da imaxe mentres que as bretemosas nubes do norte aprécianse na parte superior. Un detalle circular de albedo escuro, o Solis Lacus (Lago do Sol), atópase xusto na parte inferior esqueda do disco marciano. Contorneado polo claro borde sur do Valles Marineris, Solis Lacus semella unha pupila de tamaño planetario, e coñécese por tanto como o ollo de Marte. A comezos do século XX, o astrónomo e ávido observador de Marte Percival Lowell asociou o ollo de Marte a un conxunto de canais que cartografiou nos seus debuxos do Planeta Vermello. Os amplios e visibles cambios no tamaño e forma do ollo de Marte enténdese agora grazas ás imaxes de alta resolución da supercie marciana, e débense ao po transportados polos ventos da feble atmosfera marciana.