Categorías
Uncategorized

Lóstregos sobre Colorado

Créditos da imaxe & Copyright: Joe Randall

Explicación: Viches algunha vez unha tormenta eléctrica con abraio? Únete á multitude. Estrañamente, os detalles acerca de cómo se producen os lóstregos  continúan a ser un tema de investigación. O que é coñecido é que as correntes acendentes levan lixeiros cristais de xeo a colisións con bolas de xeo máis grandes e brandas, provocando que os cristáis máis pequenos se carguen positivamente. Despois de separarse suficientes cargas, ocorre a rápida descarga eléctrica que é o lóstrego. Os lóstregos normalmente teñen un curso irregular,  quentando rápidamente unha fina columna de aire a preto de tres veces a temperatura da superficie do Sol. A onda de choque resultante comeza de forma supersónica, e decae nun forte son coñecido coma trono. Os lóstregos son comúns nas nubes durante as tormentas de chuvia, e por término medio ocorren 44 lóstregos sobre a Terra cada segundo. Na imaxe, máis de 60 imaxes individuais foron apiladas para capturar o fluxo das nubes de tormenta que producen os lóstregos en Xullo sobre Colorado SpringsColoradoUSA