Categorías
Uncategorized

Pares de Lúa e o Mes Sinódico

Créditos da imaxe & CopyrightMarcella Giulia Pace

Explicación: Observa a Lúa cada noite e a súa porción visible alumeada polo Sol variará gradualmente. Nas fases que progresan dende a Lúa Nova ata a Lúa Chea e de volta a Lúa Nova, o ciclo lunar ou mes sinódico complétase en aproximadamente 29,5 días. Semellan cheos, pero de arriba á esquerda a abaixo á dereita estes paneis amosan o rango de fases lunares para un mes sinódico completo durante Agosto de 2019 dende Ragusa, Sicilia, Italia, planeta Terra. Para este proxecto de ciclo lunar os paneis organizan as imaxes das fases lunares en parellas. Cada imaxe individual está emparellada con outra imaxe separada por aproximadamente 15 días, ou aproximadamente a metade dun mes sinódico. Como resultado as porcións opostas iluminadas polo Sol completan o disco lunar e a liña de sombra no borde do día e a noite lunar, o terminador, avanza progresivamente ó longo da familiar cara da Lúa. Para créditos extra, que pase lunar deberías emparallar coa Lúa desta noite?