Categorías
Uncategorized

Lúa sobre Andrómeda

Créditos da imaxe composta & CopyrightAdam Block e Tim Puckett

Explicación: Gran Galaxia Espiral en Andrómeda (tamén coñecida coma M31), a únicamente 2,5 millóns anos luz de distancia, é a gran espiral máis próxima á nosa propia Vía Láctea. Andrómeda é visible a simple vista coma un pequeno, tenue e borroso parche, pero debido a que a o brillo da súa superficie é tan feble, ocasionais observadores do ceo non poden apreciar a impresionante extensión da galaxia no ceo do planeta Terra. Esta entretida imaxe composta compara o tamaño angular da galaxia cercana cunha brillante e máis familiar vista celeste. Nela, a profunda exposición de Andromeda, trazando fermosos cúmulos de estrelas azuis en brazos espirais máis aló do brillante núcleo amarelo, combínase cunha típica vista dunha Lúa case chea. Amosada á mesma escala angular, a Lúa cobre preto de 1/2 grado no ceo, mentres que a galaxia é claramente varias veces dese tamaño. A exposición profunda de Andrómeda tamén inclúe dúas galáxias satélites brillantes, M32 e M110 (abaixo e dereita).