Categorías
Uncategorized

Amencer Omega

Créditos da imaxe e copyrightJuan Antonio Sendra

Explicación: capturar este amencer requiriu de sorte e tempo. En primeiro lugar, precisábase unha boa sincronización para capturar un veleiro que cruzase xusto diante dun Sol nacente. Ademais, por unha afortunada coincidencia, o propio Sol de fondo semella raro —parece a letra do alfabeto grego Omega (Ω)—. En realidade, o Sol continúa a ser circular -—a ilusión Omega creouse pola refracción da luz solar a través do aire morno xusto por enriba da auga—. Desde un punto de vista óptico, os pes da Omega maiúscula son en realidade unha imaxe invertida da rexión do Sol que está xusto enriba. Aínda que relativamente raros, os efectos ópticos causados pola atmosfera terrestre poden facer que obxectos distantes preto do horizonte -—incluíndo o Sol e a  Lúa— semellen bastante extraordinarios. Esta imaxe de exposición única tomouse no Mar Mediterráneo hai case dúas semanas preto de ValenciaEspaña.