Categorías
Uncategorized

Descompoñendo a luz de lonxe

Créditos da imaxe: VIMOSVLTESO

Explicación: No distante universo, o tempo asemella pasar lentamente. Posto que a luz dilatada polo tempo semella desprazarse cara o extremo vermello do espectro (desprazada ó vermello / redshifted) os astrónomos son quen de empregar o enlentecemento do tempo cosmolóxico para axudarse a medir as vastas distancias no universo. Destacada aquí, a luz de distantes galaxias descomponse nos seus colores constituintes (espectro), permitindo ós astrónomos medir ó desprazamento cosmolóxico ó vermello de liñas espectrais coñecidas. A novidade da imaxe destacada é que a distancia a centos de galaxias pode ser medida a partires dun único cadro, neste caso un tomado polo Espectógrafo MultiObxeto Visible (Visible MultiObject Spectrograph (VIMOS)) instalado no conxunto do Telescopio Moi Grande – Very Large Telescope (VLT) en Chile. Analizar a distribución de obxetos lonxanos permitirá comprender cando e cómo as galaxias e as estrelas se formaron, se agruparon e evolucionaron no universo primixenio.