Categorías
Uncategorized

Arp 78: unha galaxia peculiar en Aries

Créditos da imaxe & CopyrightBernard Miller

Explicación: A peculiar  galaxia Arp 78 atópase dentro dos límites da cabeza da constelación de Aries, a uns 100 millóns de anos luz máis alá das estrelas e nebulosas da nosa galaxia Vía Láctea. Tamén coñecida coma NGC 772, o universo insular ten máis de 100.000 anos luz de diámetro e presenta un prominente brazo espiral externo neste detallado retrato cósmico. A súa galaxia compañeira máis brillante, a compacta NGC 770, está na parte superior dereita da espiral máis grande. A apariencia borrosa e elíptica de NGC 770 contrasta fermosamente cunha estrela picuda da Vía Láctea en primeiro plano en tonos amarelados. Seguindo ó longo de carrís de po e aliñados con novos cúmulos de estrelas azuis, o brazo espiral máis grande de ARP 78 é probablemente debido ás interaccións gravitacionais de marea. Débiles fluxos de material semellan conectar Arp 78 coas súas compañeiras galaxias cercanas.