Categorías
Uncategorized

Exección de grava desde o asteroide Bennu

Créditos da imaxe: NASA‘s GSFCU. ArizonaOSIRIS-REx Lockheed Martin

Explicación: Por que o asteroide Bennu expulsa grava ao espazo?Ninguén está seguro. O descubrimento, que tivo lugar durante a visita ao asteroide da nave espacial OSIRIS- REx da NASA, foi unha sorpresa. As principais hipóteses da exección inclúen impactos de meteoroides que viran ao redor do Sol; fracturas térmicas súbitas de estruturas internas; e a liberación repentina dun chorro de vapor de auga. A composición con dúas imaxes mostra un evento de exección que ocorreu a principios de 2019, cunha exección vista á dereita que reflexa a luz do Sol. Os datos e as simulacións amosan que a grava máis grande normalmente cae de volta no asteroide xiratorio de 500 metros de diámetro; mentres que rocas máis pequenas saltan e permanecen temporalmente ao redor da superficie; e as rocas máis pequenas de todas escapan completamente á baixa gravidade do asteroide, con forma de diamante, próximo á Terra. Pensábase que os chorros e os eventos de exección de superficie eran propios de cometas, responsables das súas comas, colas e máis tarde das choivas de meteoritos na Terra. A OSIRIS-REx chegou ao 101955 Bennu a finais de 2018, e está previsto que aterre para recoller unha mostra da súa superficie en outubro de 2020. Se todo vai ben, esta mostra estará de volta na Terra para unha análise detallada durante o 2023. En parte, Bennu foi elixido como destino para OSIRIS- REx porque a súa superficie amosa potencial para desvelar compostos orgánicos dos primeiros días do noso Sistema Solar, compostos que poderían ser os cimentos da vida na Terra.