Categorías
Uncategorized

M2-9: as alas da Nebulosa da Bolboreta

Créditos da imaxe : Hubble Legacy ArchiveNASAESA – Procesado: Judy Schmidt

Explicación: Aprécianse mellor as estrelas polo seu arte despois de que morren? En realidade, as estrelas normalmente crean a súa versión máis artística a medida que van morrendo. No caso de estrelas de baixa masa coma o noso Sol e M2-9 representada aquí, as estrelas transfórmanse dende estrelas normáis en enanas brancas expelindo os seus envoltorios exteriores de gas. O gas consumido forma frecuentemente unha impresionante vista chamada a nebulosa planetaria que se esvaece gradualmente ó longo de miles de anos. M2-9, a nebulosa planetaria da bolboreta a 2.100 anos luz que se amosa en cores representativas, ten alas que contan unha estraña pero incompleta historia. No centro, dúas estrelas orbitan dentro dun disco gaseoso de 10 veces a órbita de Plutón. O envoltorio expelido da estrela moribunda sae do disco creando a apariencia bipolar. Moito permanece descoñecido acerca dos procesos físicos que causan a forma das nebulosas planetarias.