Categorías
Uncategorized

Mil meteoros

Créditos e Copyright: Greg Priestley

Explicación: Máis de mil meteoros escintilean a través da noite neste  intrigante timelapse. Comezando en Abril de 2019 os fotogramas individuais do vídeo foron seleccionados a partires de 372 noites relativamente claras de imaxes dun observatorio automatizado de amplo campo no rural de Nova Gales do Sur, Australia. Ordeadas pola hora sideral local, un sistema de cronometraxe que emprega as posicións das estrelas para medir a rotación da Terra, os fotogramas seguen a progresión anual completa das constelacións a través do amplo campo de visión visto dende os 33 grados de latitude sur. Capturan un diverso conxunto de meteoros incluindo meteoros esporádicos, brillantes bolas de lume e chuvia de meteoros (ademáis dun lóstrego) durante o periodo. Tódolos fotogramas procesáronse dun xeito consistente e así amosan variacións reais nas condicións locais do ceo.