Categorías
Uncategorized

A reaparición de Marte

Créditos da imaxe & Copyright:David Duarte e Romualdo Caldas

Explicación: Marte reaparece xusto máis aló do borde escuro da Lúa nesta pila de nítidas capturas de vídeo tomadas o 6 de setembro. Por suposto, para reaparecer tivo que desaparecer en primeiro lugar. Fíxoo máis dunha hora antes cando o iluminado borde sureste da lúa xibosa minguante pasou fronte o Planeta Vermello, visto dende Maceio, Brasil. A ocultación lunar chegou cando a Lúa estaba preto do apoxeo, a preto de 400.000 quilómetros de distancia, mentres Marte estaba casi 180 veces máis lonxe. Foi a cuarta ocultación lunar visible dende o planeta Terra no 2020. Visible dende latitudes máis ó Sur, a quinta ocultación lunar de Marte no 2020 acontencerá o 3 de outubro cando a Lúa e Marte estén casi en oposición ó Sol no ceo do planeta Terra.