Categorías
Uncategorized

As Pléiades: o cúmulo estelar das Sete Irmás

Créditos da imaxe e Copyright: Raul Villaverde Fraile

Explicación: viches algunha vez o cúmulo das Pléiades? Incluso se o viches, probablemente nunca o viras tan grande e claro como é. Quizáis o cúmulo estelar máis famoso do ceo, as brillantes estrelas das Pléiades podense ver sen anteollos mesmo dende cidades con certa contaminación luminosa. Sen embargo, cunha longa exposición dende un lugar escuro, a nube de po que rodea o cúmulo das Pléiades tórnase moi evidente. A imaxe amosada abrangue unha área no ceo equivalente a varias Lúas cheas. Tamén coñecidas como as Sete Irmás ou M45 (tamén Setestrelo en galego), as Pléiades atópanse a uns 400 anos luz cara a constelación do Touro. Unha lenda moi coñecida cun xiro recente conta que unha das estrelas máis brillantes esvaeceuse dende que o cúmulo foi alcumado, deixando tan só seis estrelas visibles a simple vista. Sen embargo o número real de estrelas visibles das Pléiades poden ser máis ou menos ca sete dependendo da escuridade do ceo e da agudeza visual do observador.