
Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble, J. Hester, A. Loll (ASU)
Explicación: Esta é a desfeita que queda cando unha estrela explota. A Nebulosa do Cangrexo, o resultado dunha supernova vista no ano 1054 D.C., está chea de misteriosos filamentos. Os filamentos non só son tremendamente complexos senón que semellan ter menos masa que a expulsada na supernova orixinal e unha maior velocidade da esperada dunha explosión libre. A imaxe destacada, tomada polo Telescopio Espacial Hubble, preséntase en tres cores escollidas polo interese científico. A Nebulosa do Cangrexo espállase uns 10 anos luz. No centro da nebulosa atópase un púlsar: unha estrela de neutróns tan masiva coma o Sol pero tan só co tamaño dunha pequena cidade. O púlsar do Cangrexo rota unhas 30 veces por segundo.