Categorías
Uncategorized

A Nebulosa do Mago

Créditos da imaxe e Copyright: Andrew Klinger

Explicación: o cúmulo estelar aberto NGC 7380 atópase aínda sumerxido na súa nube orixinaria de po e gas interestelar coñecida popularmente como a Nebulosa do Mago. Á esquerda da imaxe, con estrelas do plano da nosa Vía Lactea ao fondo e por diante, atópase a uns 8000 anos luz de distancia cara a constelación de Cefeo. En tamaño aparente no ceo, a lua chea abranguería o xoven cúmulo de tan só 4 millóns de anos e a súa nebulosa asociada, normalmente demasiado feble para ser observada a ollo ceibe. Feita cun telescopio e unha cámara firmemente situada sobre a Terra, a imaxe revela múltiples formas de varios anos luz de tamaño e estruturas de po e gas cósmico dentro do Mago nunha paleta de cores moi popular nas imaxes do Telescopio Espacial Hubble. Capturada con filtros de paso banda estreitos, as lonxitudes de onda da luz visible dos átomos de hidróxeno, osíxeno e xofre da nebulosa transfórmanse en verde, azul e vermello na composición final.