Categorías
Uncategorized

A paisaxe celeste de Cygnus

Créditos da imaxe & CopyrightAlistair Symon

Explicación: Con pinceladas de po interestelar e gas hidróxeno brillante, esta fermosa paisaxe celeste está pintada ó través do plano da nosa Galaxia Vía Láctea, preto do extremo norte da Gran Fenda (Great Rift) e constelación de Cygnus o Cisne. Composta por 22 imaxes diferentes e máis de 180 horas de datos de imaxes, o mosaico abarca uns impresionantes 24 graos a través do ceo. A estrela Alpha de Cygnus, brillante, quente, a superxigante Deneb atópase preto da parte superior do centro. Chea de estrelas e nubes de gas luminosas Cygnus tamén é o fogar da escuridade, a escura Nebulosa Saco de Carbón do Norte, que se extende dende Deneb ata o centro da vista. O brillo avermellado das rexións de formación de estrelas NGC 700 e IC 5070, a Nebulosa Norteamérica e a Nebulosa do Pelícano, están xusto á esquerda de Deneb. A Nebulosa do Velo está destacada abaixo e á esquerda do centro. Un remanente da supernova, o Velo está afastada uns 1.400 anos luz, pero como moitas outras nebulosas e cúmulos estelares son identificables en toda a escea cósmica. Por suposto, a mesma Deneb é tamén coñecida polos observadores do hemisferio norte polo seus lugar en dous asterismos — marcando a parte superior da Cruz do Norte e un vértice do Triángulo de Verán

Categorías
Uncategorized

Visualización: disco de acreción dun buraco negro

Créditos da visualización: NASA‘s, Jeremy Schnittman

Explicación: como sería dar voltas ao redor dun buraco negro? Se o buraco negro estivese rodeado por un remuíño de gas brillante en acreción, entón a enorme gravidade do buraco negro desviaría a luz emitida polo disco ata facelo parecer moi inusual. O vídeo animado publicado amosa unha visualización. O vídeo comeza contigo, o observador, mirando cara o buraco negro desde xusto enriba do plano do disco de acreción. Rodeando o buraco negro central hai unha delgada imaxe circular do disco orbital que marca a posición da esfera de fotóns —dentro da cal se atopa o horizonte de sucesos do buraco negro—. Cara á esquerda, as partes da gran imaxe principal do disco aparecen máis brillantes a medida que se moven cara ti. Ao avanzar o vídeo pasas en bucle por enriba do buraco negro, axiña miras cara abaixo desde a parte superior, e despois pasas polo plano do disco no lado máis afastado, para logo voltar ao teu punto de vista orixinal. O disco de acreción fai algunhas inversións interesantes da imaxe —pero nunca aparece plano—. As visualizacións como esta son particularmente relevantes hoxe en día, xa que os buracos negros están a ser fotografados cun detalle sen precedentes polo Telescopio do Horizonte de Sucesos.

Categorías
Uncategorized

Lúa crecente HDR

Créditos da imaxe e Copyright: Miguel Claro (TWAN, Dark Sky Alqueva)

Explicación: como é que a Lúa crecente non se ve así? Por unha razón, porque os teus ollos non poden discernir simultaneamente rexións brillantes e escuras desa maneira. A chamada luz cincenta ou o brillo de da Vinci, a parte non iluminada dunha Lúa crecente, é visible pero xeralmente difícil de ver porque é moito máis tenue que o arco iluminado polo Sol. Na nosa era dixital, con todo, as diferenzas de brillo pódense reducir artificialmente. A imaxe que aparece é en realidade unha composición dixital de 15 exposicións curtas da parte brillante da Lúa crecente e 14 exposicións máis longas do resto escuro. A orixe do brillo de da Vinci, como o explicou Leonardo da Vinci hai uns 510 anos, é a luz solar reflectida primeiro pola Terra na Lúa, e despois de volta da Lúa á Terra.

Categorías
Uncategorized

A Nebulosa da Hélice dende o Blanco e o Hubble

Créditos da imaxe: C. R. O’Dell, (Vanderbilt) et al. ESANOAONASA

Explicación: Como creou unha estrela a Nebulosa da Hélice? As formas dunha nebulosa planetaria coma a Hélice son importantes posto que probablemente conteñen pistas de coma estrelas coma o Sol finalizarán os seus días. Observacións do telescopio espacial Hubble e do Telescopio de 4-metros Blanco en Chile, non obstante, amosan que a Hélice non é realmente unha simple hélice. Máis ben, incorpora dous discos case perpendiculares ademáis de arcos, choques e aínda características non ben entendidas. Aínda así, quedan moitas simetrías xeométricas sorprendentes. Coma unha simple estrela coma o Sol creou tal beleza e á vez tan complexa geométricamente é  un tema de investigación. A Nebulosa da Hélice é a nebulosa planetaria máis próxima á Terra, atopándose só a uns 700 anos luz en dirección á constelación de Acuario (Aquarius), e espállase uns 3 anos luz.

Categorías
Uncategorized

Yogi e os seus amigos en 3D

Créditos da imaxe e Copyright:IMP TeamJPLNASA

Explicación: Nesta imaxen 3D estereoscópica da superficie de Marte de Xullo de 1997 amósanse xuntos a rampa do aterrador Pathfinder, o rover Sojourner, os airbags, un sofá, Barnacle Bill e a rocha Yogi. Barnacle Bill é a rocha xusto á esquerda do rover Sojourner. Yogi é como se coñece á grande rocha da parte superior dereita da imaxe. Por outro lado, o “sofá” é como se coñece á grande rocha de forma angular visible preto do centro do horizonte. Se miras a imaxe con lentes vermellos/azuis (o se se pon un anaco de plástico transparente vermello sobre o ollo esquerdo e azul ou verde sobre o dereito) pódese apreciar a imaxe cunha perspectiva 3D. Esta vista estereoscópica foi captada pola destacada cámara do aterrador Pathfinder, coñecida como IMP (Imager of Mars Pathfinder). A IMP ten dous canales ópticos para facer imaxes en estéreo e foi equipada con varios filtros de cores para poder realizar análise espectral. Operando como o primeiro observatorio astronómico en Marte, a IMP tamén captou imaxes do Sol e Deimos, a máis pequena das dúas lúas ananas de Marte. Este mes de Xullo foi lanzado Perseverance, o novo rover marciano da NASA na súa misión cara o Planeta Vermello.