Categorías
Uncategorized

O val de Orión

Créditos da visualización: NASAESA, F. Summers, G. Bacon,
Z. Levay, J. DePasquale, L. Frattare, M. Robberto, M. Gennaro (STScI) and R. Hurt (Caltech/IPAC)

Explicación: Esta emocionante e pouco familiar vista da Nebulosa de Orión é una visualización baseada en  datos astronómicos e técnicas de renderización de películas. De preto coa famosa gardería estelar normalmente vista dende 1.500 anos luz de distancia, as imaxes dixitalmente modeladas transitan dende a representación da luz visible baseada en datos do Hubble na esquerda aos datos infravermellos do Telescopio Espacial Spitzer na dereita. A perspectiva no centro semella un val dun ano luz de anchura, na parede da xigante nube molecular da rexión. O val de Orión finaliza nunha cavidade tallada polos ventos de enerxía e da radiación das masivas estrelas centrais do cúmulo de estrelas Trapecio. A imaxe única é parte dun vídeo tridimensional de múltiples lonxitudes de onda que permite ao espectador experimentar un voo inmersivo de tres minutos a través da Gran Nebulosa de Orión.