Categorías
Uncategorized

Galaxias cuncha en Piscis

Créditos da imaxe & Copyright: Martin Pugh

Explicación: Esta paisaxe celeste intergaláctica destaca un peculiar sistema de galaxias catalogado coma Arp 227 a uns 100 millóns anos luz de distancia. Navegando dentro dos confíns da constelación de Piscis, Arp 227 consiste nas dúas galaxias prominentes á dereita do centro. a curiosa galaxia cuncha NGC 474 e a súa veciña zul con brazos en espiral NGC 470. Os febles e anchos arcos ou cunchas de NGC 474 puideron formarse por un encontro gravitacional coa veciña NGC 470. Alternativamente as cunchas puideron ser orixinadas por unha fusión cunha galaxia máis pequena producindo un efecto análogo ás ondas a través da superficie dun estanque. A gran galaxia na parte superior esquerda da imaxe, NGC 467, semella estar arrodeada por febles cuchas tamén, evidencia outro sistema de galaxias interactuando. Intrigantes galaxias no fondo están espalladas arredor do campo que tamén inclúe picudas estrelas en primeiro plano. Por suposto, esas estrelas están no interior da nosa propia Galaxia Vía Láctea. O campo visual abarca 25 minutos de arco ou 1/2 grao no ceo.