Categorías
Uncategorized

A paisaxe celeste de Cygnus

Créditos da imaxe & CopyrightAlistair Symon

Explicación: Con pinceladas de po interestelar e gas hidróxeno brillante, esta fermosa paisaxe celeste está pintada ó través do plano da nosa Galaxia Vía Láctea, preto do extremo norte da Gran Fenda (Great Rift) e constelación de Cygnus o Cisne. Composta por 22 imaxes diferentes e máis de 180 horas de datos de imaxes, o mosaico abarca uns impresionantes 24 graos a través do ceo. A estrela Alpha de Cygnus, brillante, quente, a superxigante Deneb atópase preto da parte superior do centro. Chea de estrelas e nubes de gas luminosas Cygnus tamén é o fogar da escuridade, a escura Nebulosa Saco de Carbón do Norte, que se extende dende Deneb ata o centro da vista. O brillo avermellado das rexións de formación de estrelas NGC 700 e IC 5070, a Nebulosa Norteamérica e a Nebulosa do Pelícano, están xusto á esquerda de Deneb. A Nebulosa do Velo está destacada abaixo e á esquerda do centro. Un remanente da supernova, o Velo está afastada uns 1.400 anos luz, pero como moitas outras nebulosas e cúmulos estelares son identificables en toda a escea cósmica. Por suposto, a mesma Deneb é tamén coñecida polos observadores do hemisferio norte polo seus lugar en dous asterismos — marcando a parte superior da Cruz do Norte e un vértice do Triángulo de Verán