Categorías
Uncategorized

Visualización: disco de acreción dun buraco negro

Créditos da visualización: NASA‘s, Jeremy Schnittman

Explicación: como sería dar voltas ao redor dun buraco negro? Se o buraco negro estivese rodeado por un remuíño de gas brillante en acreción, entón a enorme gravidade do buraco negro desviaría a luz emitida polo disco ata facelo parecer moi inusual. O vídeo animado publicado amosa unha visualización. O vídeo comeza contigo, o observador, mirando cara o buraco negro desde xusto enriba do plano do disco de acreción. Rodeando o buraco negro central hai unha delgada imaxe circular do disco orbital que marca a posición da esfera de fotóns —dentro da cal se atopa o horizonte de sucesos do buraco negro—. Cara á esquerda, as partes da gran imaxe principal do disco aparecen máis brillantes a medida que se moven cara ti. Ao avanzar o vídeo pasas en bucle por enriba do buraco negro, axiña miras cara abaixo desde a parte superior, e despois pasas polo plano do disco no lado máis afastado, para logo voltar ao teu punto de vista orixinal. O disco de acreción fai algunhas inversións interesantes da imaxe —pero nunca aparece plano—. As visualizacións como esta son particularmente relevantes hoxe en día, xa que os buracos negros están a ser fotografados cun detalle sen precedentes polo Telescopio do Horizonte de Sucesos.