Categorías
Uncategorized

Yogi e os seus amigos en 3D

Créditos da imaxe e Copyright:IMP TeamJPLNASA

Explicación: Nesta imaxen 3D estereoscópica da superficie de Marte de Xullo de 1997 amósanse xuntos a rampa do aterrador Pathfinder, o rover Sojourner, os airbags, un sofá, Barnacle Bill e a rocha Yogi. Barnacle Bill é a rocha xusto á esquerda do rover Sojourner. Yogi é como se coñece á grande rocha da parte superior dereita da imaxe. Por outro lado, o “sofá” é como se coñece á grande rocha de forma angular visible preto do centro do horizonte. Se miras a imaxe con lentes vermellos/azuis (o se se pon un anaco de plástico transparente vermello sobre o ollo esquerdo e azul ou verde sobre o dereito) pódese apreciar a imaxe cunha perspectiva 3D. Esta vista estereoscópica foi captada pola destacada cámara do aterrador Pathfinder, coñecida como IMP (Imager of Mars Pathfinder). A IMP ten dous canales ópticos para facer imaxes en estéreo e foi equipada con varios filtros de cores para poder realizar análise espectral. Operando como o primeiro observatorio astronómico en Marte, a IMP tamén captou imaxes do Sol e Deimos, a máis pequena das dúas lúas ananas de Marte. Este mes de Xullo foi lanzado Perseverance, o novo rover marciano da NASA na súa misión cara o Planeta Vermello.