Categorías
Uncategorized

Desenrolando M51

Créditos da imaxe e Copyright: Datos – Hubble Heritage ProjectProcesado – Paul Howell

Explicación: Nesta transformación dixital a partires dun retrato de M51 feito polo Telescopio Espacial Hubble, o grandes brazos espirais de 60000 anos luz de lonxitude móstranse desenrolados. M51 é unha das nebulosas espirais orixinais, os seus brazos enrolados descríbense mediante a curva matemática coñecida como espiral logarítmica, onde a separación entre os brazos increméntase nunha progresión xeométrica a medida que se alonxan do centro. Aplicando logaritmos para desplazar os píxeles da imaxe orixinal do Hubble respecto do centro de M51, é posible converter os seus brazos espirais en liñas rectas diagonais.
A imaxe transformada amosa que os brazos están trazados pola formación estelar neles mesmos, delimitados por rexións de formación estelar de cor violácea e cúmulos de xóvenes estrelas azuis. A galaxia compañeira de M51, NGC 5195 (arriba) parece sen embargo alterar o trazo do brazo que se atopa en fronte dela, aínda que ela mesma fica relativamente inalterada polo desenroledamento de M51. Tamén coñecido como spira mirabilis, as espirais logarítmicas podense atopar na natureza a todas as escalas. Por exemplo, as espirais logarítmicas tamén describen furacáns, as traxectorias de partículas subatómicas en cámaras de burbullas, e por suposto no romanesco.